Máis Xornalismo, menos Comunicación

infolibre_logo

 

No actual escenario de crise mediática que amenaza a desaparición dos medios impresos e mermou notablemente o traballo dos xornalistas, Jesús Maraña,  reclamou nos Luns do Ateneo a necesidade do xornalismo por enriba da Comunicación: “O periodismo é máis necesario que nunca, pero ten que recuperar a credibilidade perdida”, asegurou onte nos Luns do Ateneo o xornalista Jesús Maraña, exdirector de El Publico que actualmente impulsa o xornal dixital “Infolibre”. O conferenciante, presentado polo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, reclamou unha autocrítica da profesión sobre o papel xogado polos medios de comunicación na última década, equiparando a crise dos medios á que sofre a clase política. Afirmou Maraña que, despois da construcción, o periodismo é o segundo sector en perda de emprego en España.

Maraña aludiu a dobre crise, económica e de credibilidade dos medios, asegurando que se teñen cometido moitos erros empresariais e profesionais, comenzando pola implicación das empresas no mercado televisivo e no fútbol e continuando pola instalación gratuita en Internet, agardando unha financiación publicitaria que non acaba de chegar.

Sin postular a morte do papel, ao que lle queda longa vida, Maraña inclinouse por un modelo de negocio en Internet que aposte polo pago, afirmando que a publicidade non está funcionando adecuadamente na rede e que resulta inviable un xornalismo gratuíto. Neste sentido, reclamou a profesionalización do medios mediante o pago polos contidos e cun código ético que impida a venta da súa independencia. No caso de Infolibre, a subscrición á publicación electrónica inclúe unha publicación mensual en papel.

A conferencia foi seguida por numeroso público que abarrotou o salón da Rúa do Vilar e participou nun amplo coloquio, que demostrou o alto intres do público polo sector da Comunicación e no que afloraron numerosas cuestións sobre a profesionalidade dos xornalistas e a viabilidade dos medios. Jesús Maraña defendeu unha volta á ética e a honestidade profesional, reclamando máis xornalismo e menos comunicación. Seguir lendo