O fado galego de María do Ceo

DSCF9130

María do Ceo presentou este venres en Santiago o seu último traballo, un disco dobre con 28 cancións titulado ‘De Portugal a Galicia’. Fíxoo nun acto celebrado no hotel Araguaney, no que participou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o decano da facultade de Ciencias de Comunicación, Xosé Ramón Pousa, o director de Galiciapress, Antón Alonso e o presentador da TVG Xosé Manuel Piñeiro.

María do Ceo é de nacemento portuguesa, pero Galicia ten sido sempre a súa terra. Neste novo disco, o duodécimo da súa carreira, o carácter transnacional da súa música queda máis de manifesto que nunca. Con 14 cancións en portugués e outras 14 en galego, María do Ceo “une de novo dúas partes dunha nazón natural separada pola política”, como recordou o director de Galiciapress Antón Alonso na presentación.

Na mesma idea incidiu o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, que afirmou que neste disco María “une coa súa canción dous mundos tan próximos como lonxanos”, recordando que se houbera máis discos como este “a reactivación da industria cultural en Galicia tería moito mellor pronóstico”.

O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, pola súa banda, recoñeceu que levaba moitos anos sendo un “propagandista” da obra de María do Ceo, que rematou de encandilalo nun recital privado ao que asistiu no mes de Xaneiro. Gabou á cantante por ser quén de adaptar ao seu adorado Curros Enríquez e pola súa labor como representante da lingua galega no mundo, afirmando que “o que María do Ceo fai por levar fóra algúns dos nosos mellores poemas é algo que non se pode pagar con diñeiro”.

O presentador da TVG, Xosé Manuel Piñeiro, amigo de María do Ceo dende hai moitos anos, agradeceulle á cantante a posibilidade de colaborar neste disco, no que canta con ela ‘Quen puidera namorala’, asegurando que era un luxo acompañar a “unha das mellores voces deste país”.

Pouco lle quedou por decir a María do Ceo despois de tantas verbas amables sobre a súa música. A cantante limitouse a a agradecer o traballo de todos os artistas e colaboradores que fixeron posible este novo disco, antes de pasar a expresarse da mellor forma posible: a través da súa música.

Ata aquí a información de Galiciapress.es

DSCF9118
Seguir lendo

Advertisements

Sao Paulo: Da rebeldía da “pixaçao” ao grafitti artístico

IMG_1319IMG_1329

Sao Paulo é unha capital inmensa. Autos, ruido, contaminación…,pero tamén moita beleza, na arquitectura, en museos punteiros, como o M.A.S.P.. Nas mesmas rúas cheas de música e color, nas que os grafiteiros deixan a pegada dunha arte popular que reviste a pobreza e a miseria de creatividad, reivindicativa e lúdica a un tempo. Estamos na concentración máis grande de lusofalantes. En lugares así, notamos a forza do noso idioma e valoramos aínda máis o caudal que levamos dentro. O Museo da Lingua Portuguesa, ubicado na estación da Luz, é unha lección didáctica, un lugar que todo galego debería visitar para comprender o legado inmaterial dun proceso cultural que ten a Galicia como xermen. Visto con perspectiva, coa experiencia de 30 anos de políticas de “normalización” a medio gas, é unhá mágoa que o galego se manteña na escrita tan distanciado do seu tronco común.

DSC05352_2

O “Congreso de Comunicación,Cultura e Midia Sociais Ibercom 2015” ao que estés días asistimos unha ducia de investigadores galegos, serviu para compartir preocupacións comúns sobre os problemas e as oportunidades dos medios nunha etapa de ruptura de paradigmas como a actual, pero, tamén para vivir unha vez máis Sao Paulo. No meu caso particular, interesarme e contemplar o fenómeno do grafiti como unha arte popular, un medio de comunicación aberto que se sirve das paredes e transforma a realidade cotidiana nun escenario artístico que valoriza a cidade. Da igual ondee un mire. Arriba, abaixo  ao lados… A nosa vista dou con algún dos milleiros de grandes debuxos que invaden as rúas dos barrios altos, baixos e medios. Sao Paulo é a capital mundial do grafiti.

Para quen viaxe a Sao Paulo hai duas correntes grafiteiras claramente diferenciadas. Dun lado están os pinta paredes que arriscan a s súas vidas e enchen de textos indescifrables, con tipoloxía propia, as paredes máis inaccesibles dos edificios e dos muros: Son grandes pintadas tipográficas en negro, a ducias de metros do chan, que coroan ou enchen de arriba abaixo as fachadas dos rañaceos. E a “pixaçao”, un movimento nacido contra a dictadura militar que gobernou Brasil nos anos 70. Do outro lado, están os artistas populares que, con maior ou menor realismo, reinterpretan sobre as paredes escenas da vida cotidiana, en moitos casos cunha gran carga de crítica social.778px-Sao_vito1

A “Pixaçao”

Edificio con pixaçao

Edificio con pixaçao

“pixação” é unha actividade clandestina que non deixa a ninguén indiferente, ou se está a favor ou en contra. Distínguese por dúas características: por unha banda, utiliza unha tipografía única e, por outra parte, está realizada en zonas imposibles de execución perigosa. Os seus autores, de clase humilde e marxinal, son xeralmente anónimos, ainda que artistas hoxe coñecidos como Francísco Rodríguez da Silva “Nunca” proceden dese mundo. A estética da “fixação”, especialmente a súa tipografía, ten influenciado moito o deseño gráfico brasileiro, chegando a estar presente na propia camisola da selección nacional de fútbol.

Os “pixadores” agrupanse en “crews” que rivalizan por chegar aos sitios máis recónditos e inaccesibles ou en encher o maior número de espazos coa súa firma. Buscan en cornisas superiores ou fachadas os espazos máis cobizados para os seus “pixos”. Non respetan monumentos históricos, edificios singulares, nin lugares protexidos. Reafirmase contra a norma e mostrar a súa clandestinidade provocadora forma parte da sua filosofía.

O grafiti, arte da rúa 

    1401099163971Grafi05

Un neno negro chora de fame ante un prato de comida onde solo hai un balón de fútbol. O grafiti, que deu a volta ao mundo, foi pintado nas paredes dunha escola no barrio de Pompeia, na zona Oeste de Sao Paulo, nas vísperas do Mundial de Brasil. O seu autor, Paulo Ito, saltou á fama tras 14 anos pintando as paredes maís humildes da cidade, con estampas de tremenda beleza pero que golpean directamente no corazón de quen as mira. “é unha boa oportunidade de expoñer os problemas para o  resto do mundo e, quén sabe, incomodar á nosa apática clase política”, comentou o artista ao xornal ‘O Estado’ de Sao Paulo.

Ito reforzou co seu debuxo o malestar dun país pola inversión que supuxo o Mundial de Futbol e as olimpiadas de 2016 en contraste coa pobreza das clases máis humildes. A arte urbana dos grafiteiros, o realismo fantático e o seu colorido anulan a sensación de que Sao Paulo é unha cidade gris. Na Avenida Cruceiro do Sul, na zona norte da capital, un grupo de artistas pintou 66 paneis creando o primeiro Museo Aberto de Arte Urban de Sao Paolo (MAAU). A arte accesible, sin entrada, á vista de todos,

Grafi03

“A Pirenaica marcou o contrapunto á información oficial da radio do franquismo”, segundo Armand Balsebre

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona e un dos principais investigadores da radio en España, falou onte no Ateneo de Santiago sobre os “Noventa anos de Radio en España”, asegurando que un producto nacido para complacer os gustos das élites sociais, pronto se convertiu nun medio de gran impacto popular. A resistencia das clases acomodadas a pagar pola escoita e a incorporación da publicidade como mecanismo de financiación, son a xuicio deste investigador as claves dun fenómeno social, que eclosiona na República e que continúa durante o franquismo, como un arma de forte carga ideológica en mans do réximen, pero tamén con productos de calidade que levantaron o interés da audiencia. Balsabre fixo un repaso polas figuras dos pioneiros da radio en España, centrados na radio espectáculo e no desenrolo dos xéneros dramáticos, entre os anos 40 e 70, ata a radio das estrelas, un ciclo que remata con figuras como Luís del Olmo, Iñaki Gabilondo ou José María García, que xurden coa recuperación da información na radio.

As aportacións de Balsebre ao estudio da linguaxe radiofónica e, particularmente, da Historia da Radio en España, convérteno nun dos mellores coñecedores do medio radiofónico en España, con unha amplia bibliografía publicada por Cátedra que son referencia internacional para o estudio do medio.  Destaca particularmente o seu último libro sobre “Las cartas de la Pirenaica”, un estudio de 600 páxinas sobre as 15.500 cartas dos ouvintes de Radio España Internacional, atopados nos arquivos do PCE. O traballo, feito en colaboración coa súa muller, a historiadora e xornalista, Rosario Fontova, leva vendidos catro edicións nos últimos seis meses.

Para Balsebre, “Radio Pirenaica”, pese as interferencias xeneradas intencionadamente polo bloqueo franquista, chegou a ter unha audiencia equivalente a todo o sistema radiofónico oficial, xenerando un clima de participación da audiencia inusual. O investigador detívose en analizar o perfil campesiño e obreiro da audiencia, destacando o seu papel activo como fonte informativa dunha radio orgánica e moi polítizada que, pese a todo, tiña credibilidade na audiencia.

Pirenaica

Balsebre centrouse de forma especial no contido das 200 cartas enviados por ouvintes galegos a Radio Pirenaica entre as que figuran varias             misivas do último guerrilleiro galego, José Castro Veiga “O Piloto”, abatido en Chantada en 1965, incluida unha última carta que pode considerarse o seu testamento político. A ilustración da portada do libro e todo un símbolo sobre a importancia da radio: recolle a imaxe tomada por Virxilio Vieitez a Dorotea de Cará, unha galega abrazada ao seu aparato de radio, que contrata ao fotógrafo para que o seu fillo constate na emigraciónmn americanao bo uso dado aos cartos recibidos.

Na longa dictadura franquista, Radio España Independiente, máis coñecida como a Pirenaica, recibiu por escrito milleiros de testimuñas estremecedoras dos vencidos que, ordenadas, agrupadas e seleccionadas polos autores, representa a queixa brutal dios represalias do franquismo. A sea vez reforza o carácter da radio como medio de comunicación internacional capaz de superar as barreiras físicas impostas polas dictaduras e impactar na audiencia, sobre todo cando as súas mensaxes cobren o valeiro dunha radio oficial sin información, como a que marco a historia de España desde 1939 a 1977.

A intervención, apoiada en imaxes e sonidos inéditos ata o momento, sobre da radio da súa primeira época, consecuencia do recente descubremento en Barcelona dun fondo de grabacións en disco de pedra, estudiado e digitalizado polo conferenciante. O acto contou cun animado coloquio no que sairon a relucir circunstancias históricas da chegada da radio a Galcia e anécdotas representativas dunha época marcada polo sonido da radio. Un medio cargado de futuro pese a crisis de ideas e contidos, marcada polo momento histórico que vivimos.

 

Máis Xornalismo, menos Comunicación

infolibre_logo

 

No actual escenario de crise mediática que amenaza a desaparición dos medios impresos e mermou notablemente o traballo dos xornalistas, Jesús Maraña,  reclamou nos Luns do Ateneo a necesidade do xornalismo por enriba da Comunicación: “O periodismo é máis necesario que nunca, pero ten que recuperar a credibilidade perdida”, asegurou onte nos Luns do Ateneo o xornalista Jesús Maraña, exdirector de El Publico que actualmente impulsa o xornal dixital “Infolibre”. O conferenciante, presentado polo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, reclamou unha autocrítica da profesión sobre o papel xogado polos medios de comunicación na última década, equiparando a crise dos medios á que sofre a clase política. Afirmou Maraña que, despois da construcción, o periodismo é o segundo sector en perda de emprego en España.

Maraña aludiu a dobre crise, económica e de credibilidade dos medios, asegurando que se teñen cometido moitos erros empresariais e profesionais, comenzando pola implicación das empresas no mercado televisivo e no fútbol e continuando pola instalación gratuita en Internet, agardando unha financiación publicitaria que non acaba de chegar.

Sin postular a morte do papel, ao que lle queda longa vida, Maraña inclinouse por un modelo de negocio en Internet que aposte polo pago, afirmando que a publicidade non está funcionando adecuadamente na rede e que resulta inviable un xornalismo gratuíto. Neste sentido, reclamou a profesionalización do medios mediante o pago polos contidos e cun código ético que impida a venta da súa independencia. No caso de Infolibre, a subscrición á publicación electrónica inclúe unha publicación mensual en papel.

A conferencia foi seguida por numeroso público que abarrotou o salón da Rúa do Vilar e participou nun amplo coloquio, que demostrou o alto intres do público polo sector da Comunicación e no que afloraron numerosas cuestións sobre a profesionalidade dos xornalistas e a viabilidade dos medios. Jesús Maraña defendeu unha volta á ética e a honestidade profesional, reclamando máis xornalismo e menos comunicación. Seguir lendo

Gill Bird expón os seus Anxos en Ourense

gillbird

Dende o venres pasado e ata o 10 de decembro esté aberta na sala “Marcos Valcarce” da Deputación de Ourense a exposición de pintura e escultura “Anxos” da artista galesa, afincada en Ourense, Gill Bird. Todo un goce para a vista.

Gill Bird fala na linguaxe universal da creación artística para que todos poidamos entender o seu complexo e rico mundo, constituído pola inmensa vida que a rodea na Casa Grande de Soutullo (Coles), o seu obradoiro artístico, no que nacen cadros e esculturas. A súa pintura reflicte a aparencia dos obxectos, paisaxes ou figuras. Represéntanos imaxes recoñecibles do mundo real, pero non como todos os demais as vemos, senón que son interpretadas pola artista dende a mirada subxectiva, recorrendo á imaxinación, rompendo a perspectiva, reformando ou estilizando as figuras, aportando así connotacións internas que reflicten o mundo interior desta galesa-galega instalada nunha globalidade na que Ourense pode ser o centro do mundo..

Cultura, vivencias e influencias marcan a subxectividade dunha artista imaxinativa e cunha grande liberdade expresiva. Unha pintura fortemente influída polos pintores británicos dos 60 e 70, como Julian Freud , na forza do seu debuxo e carácter, e tamén pola primeira etapa de David Hockney , coa súa colección “piscinas” e máis tarde coa súa etapa de photocollage. A inspiración máis actual vénlle da man da tamén británica Jenny Seville, unha das xoves pintoras máis sorprendentes da contemporaneidade.

A pintura de Gill Bird está formada por figuras elegantemente trazadas, con liñas, formas e texturas que nos aproximan sensualmente ás imaxes, tornándose agradables, interesantes, suxerentes. Utiliza unha paleta de colores na que predominan os tons apastelados que, dende unha percepción moi persoal, nos achegan aos grandes creadores ourensanos .  Debuxo, collage, luz, color, son as armas pictóricas coas que Gill Bird nos fai sentir a realidade do seu mundo, que tamén pode ser o noso.

Seguir lendo

A INTIMIDADE COMO ESPECTÁCULO

DSC_0006

O tratamento informativo do contaxio do virus do ëbola a auxiliar de enfermería Teresa R. está a vulnerar todos os códigos éticos da profesión periodística e converter a este país nunha feira na que se comercializa coa intimidade das persoas, se converte ás vítimas en verdugos e se ofrece ao mundo un panorama tan desolador como a dos países orixinarios desta peste do século XXI. Non é novo este comportamento do sistema mediático e está, sen dúbida, ligado á dobre crise que está a vivir a industria dos medios de comunicación, provocada pola crise económica e polo cambio tecnolóxico, que está a crebar o modelo tradicional imperante ata agora.
Contrasta o comportamento público dos medios co sentir individual e colectivo de moitos profesionais da información que renegan do papel que lle están facer xogar as súas empresas, como acaba de facelo o Colexio de Xornalista de Galicia e que comparto plenamente. A primeira agresión foi desvelar a imaxe e a identidade da vítima, un principio reiteradamente infrinxido pero que non por iso deixa de estar vixente. A segunda foi a difusión, sen consentimento, de todas as fotos persoais e familiares.
Este aspecto abre un debate novo e interesante sobre o papel das redes sociais, especialmente de Facebook, como contenedor de datos e imaxes persoais accesibles ao público. Pode ser discutible ata que punto unhas imaxes subdia á rede perden o seu carácter persoal, pero o que está claro é que subimos as nosas imaxes –as veces íntimas- á rede para compartilas cos amigos e non para nutrir un arquivo de libre disposición para os medios, como está a acontecer.
O Colexio de Xornalista constata unha vez máis a inutilidade da autorregulación como método de vixilancia da deontoloxía periodística e chama á responsabilidade dos profesionais e dos propios medios para evitar a propagación de espectáculos como o que estamos vivindo esta semana. Lamentablemente non vai ser o último deste proceso de descomposición, ata que os medios atopen o seu camiño e os profesionais sexamos autenticamente donos dunha profesión que, pese a todo, ten futuro.