“A Pirenaica marcou o contrapunto á información oficial da radio do franquismo”, segundo Armand Balsebre

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona e un dos principais investigadores da radio en España, falou onte no Ateneo de Santiago sobre os “Noventa anos de Radio en España”, asegurando que un producto nacido para complacer os gustos das élites sociais, pronto se convertiu nun medio de gran impacto popular. A resistencia das clases acomodadas a pagar pola escoita e a incorporación da publicidade como mecanismo de financiación, son a xuicio deste investigador as claves dun fenómeno social, que eclosiona na República e que continúa durante o franquismo, como un arma de forte carga ideológica en mans do réximen, pero tamén con productos de calidade que levantaron o interés da audiencia. Balsabre fixo un repaso polas figuras dos pioneiros da radio en España, centrados na radio espectáculo e no desenrolo dos xéneros dramáticos, entre os anos 40 e 70, ata a radio das estrelas, un ciclo que remata con figuras como Luís del Olmo, Iñaki Gabilondo ou José María García, que xurden coa recuperación da información na radio.

As aportacións de Balsebre ao estudio da linguaxe radiofónica e, particularmente, da Historia da Radio en España, convérteno nun dos mellores coñecedores do medio radiofónico en España, con unha amplia bibliografía publicada por Cátedra que son referencia internacional para o estudio do medio.  Destaca particularmente o seu último libro sobre “Las cartas de la Pirenaica”, un estudio de 600 páxinas sobre as 15.500 cartas dos ouvintes de Radio España Internacional, atopados nos arquivos do PCE. O traballo, feito en colaboración coa súa muller, a historiadora e xornalista, Rosario Fontova, leva vendidos catro edicións nos últimos seis meses.

Para Balsebre, “Radio Pirenaica”, pese as interferencias xeneradas intencionadamente polo bloqueo franquista, chegou a ter unha audiencia equivalente a todo o sistema radiofónico oficial, xenerando un clima de participación da audiencia inusual. O investigador detívose en analizar o perfil campesiño e obreiro da audiencia, destacando o seu papel activo como fonte informativa dunha radio orgánica e moi polítizada que, pese a todo, tiña credibilidade na audiencia.

Pirenaica

Balsebre centrouse de forma especial no contido das 200 cartas enviados por ouvintes galegos a Radio Pirenaica entre as que figuran varias             misivas do último guerrilleiro galego, José Castro Veiga “O Piloto”, abatido en Chantada en 1965, incluida unha última carta que pode considerarse o seu testamento político. A ilustración da portada do libro e todo un símbolo sobre a importancia da radio: recolle a imaxe tomada por Virxilio Vieitez a Dorotea de Cará, unha galega abrazada ao seu aparato de radio, que contrata ao fotógrafo para que o seu fillo constate na emigraciónmn americanao bo uso dado aos cartos recibidos.

Na longa dictadura franquista, Radio España Independiente, máis coñecida como a Pirenaica, recibiu por escrito milleiros de testimuñas estremecedoras dos vencidos que, ordenadas, agrupadas e seleccionadas polos autores, representa a queixa brutal dios represalias do franquismo. A sea vez reforza o carácter da radio como medio de comunicación internacional capaz de superar as barreiras físicas impostas polas dictaduras e impactar na audiencia, sobre todo cando as súas mensaxes cobren o valeiro dunha radio oficial sin información, como a que marco a historia de España desde 1939 a 1977.

A intervención, apoiada en imaxes e sonidos inéditos ata o momento, sobre da radio da súa primeira época, consecuencia do recente descubremento en Barcelona dun fondo de grabacións en disco de pedra, estudiado e digitalizado polo conferenciante. O acto contou cun animado coloquio no que sairon a relucir circunstancias históricas da chegada da radio a Galcia e anécdotas representativas dunha época marcada polo sonido da radio. Un medio cargado de futuro pese a crisis de ideas e contidos, marcada polo momento histórico que vivimos.

 

Advertisements