“De la Sota en min”

Bocexo Ximnasio Maravillas

Alejandro de la Sota  un dos arquitectos Galegos de maior proxección. A súa obra é expoñente dun racionalismo equilibrado, que une unha intensa creatividade arquitectónica xunto coa simplicidade construtiva. Foi un dos grandes promotores do industrialismo na construción dos anos 60, introducindo elementos industriais na obra e mais na profesionalización da mesma. Os seus edificios combinan, de forma sorprendente, un gran rigor xeométrico, de liñas claras e rectas, coa audacia nas estruturas.

De la Sota recibeu o Premio Nacional de Arquitectura en tres ocasións; a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes e mais a Medalla de Ouro do Consello de Arquitectos. Pero de nada de todo isto falou onte no Ateneo de Santiago o seu fillo Juan de la Sota na conferencia “De la Sota en min”.  Pintor, fotógrafo e excelente orador, Juan de la Sota sorprendeu e complaceu a todos cun discurso sobre a creatividade do arquitecto e a creación plástica que transmiteu ao auditorio a forza dunha arquitectura sutil e lixeira, baseada na paradoxa dos elementos contrapostos, facendo comprender o significado da arquitectura levada a cabo por seu pai e a fotografía do fillo. Ambos comparten unha mesma filosofía expresiva en linguaxes diferentes.

O conferenciante foi presentado pola ateneista Pilar Sampedro e polo xornalista pontevedrés Rafael López, quen traballa dende hai 15 anos nunha biografía da familia de la Rosa, centrada na figura de Daniel de la Sota, político do primeiro tercio do século XX que presidiu a Deputación de Pontevedra. Na súa intervención, Juan de la Sota casou a sua obra gráfica coa arquitectura de Alejandro de la Sota, manexando dous dos seus edificios máis emblemáticos: o Ximnasio Maravillas, e o Goberno Civil de Tarragona, que aparentan desafíar á forza da gravidade. Ao igual que a obra de Juan de la Sota, caracterizada pola presenza das cousas sen protagonismo, en contraposición coas súas sombras proxectadas sobre un escenario de fondo: peixes na lonxa de Ribeira; camelias avellentadas sobre o chan vexetal, bosques intervidos polo ser humano, naturalezas mortas…

De la Sota fotógrafo definiu a De la Sota arquitecto como un anarquista divertido que utiliza a arquitectura como unha ferramenta para explicar o mundo, como unha terapia para resolver, nun momento, os problemas mentales de quen se enfrenta ao mundo.

Alejandro de la Sota rompe nos anos sesenta co clasicismo da arquitectura institucional

Alejandro de la Sota rompe nos anos sesenta co clasicismo da arquitectura institucional

Advertisements