“Lutero Ríos” no Ateneo

Ciclo sobre “Lutero Ríos” no ATENEO

RAMON VILLARES SITUA A EUGENIO MONTERO RIOS ENTRE

OS PRINCIPAIS POLÍTICOS DA RESTAURACIÓN ESPAÑOLA

SAM_0189

O presidente do Consello da Cultura de Galicia e catedrático de Historia da USC, Ramón Villares, iniciou este luns as actividades ordinarias do Ateneo de Santiago cunha conferencia sobre o perfil biográfico do político compostelán, Eugenio Montero Rios, do que este ano se celebra o primeiro centenario da súa morte. A súa vez, a conferencia inicia un cliclo sobre a figura do político liberal que impulsou a modernización da Compostela de finais do século XIX e principios do XX.
Entre tantos conferenciantes lectores como as veces nos visitan -que podían aforrar a viaxe enviándonos un “PDF”-, deunos gusto escoitar a un orador que, ademais do rigor do seu discurso, domina a palabra como ninguén: vocalizando adecuadamente, modulando a súa entoación en función da mensaxe, creando un ritmo que levanta a atención do auditorio e suliñando coa sua mirada e as súas máns as palabras de valor. Un pracer. Seguir lendo

Advertisements