Carlos Velo e o Mestre Mateo

 

Carlos Velo foi un científico dos pés á cabeza en todos os ámbitos da súa vida. Capaz de deconstruir e diseccionar a realidade para expoñela e explicala como se se tratase da cousa máis obvia que calquera pode comprender creando imaxes a partires das súas palabras. Dende esta visión materialista e didáctica das cousas, Velo descubriu no cine algo máis que a mera creatividade, utilizando a imaxe en movemento como un instrumento de aprendizaxe, de transmisión do coñecemento, de comunicación. Seguir lendo

Advertisements