96 dos 608 galegos republicanos presos morreron no Forte de San Cristóbal (Navarra)

DSC02775

O ATENEO ABRE UNHA EXPOSICION EN FONSECA SOBRE A HISTORIA DO PENAL MAIS DURO DO FRANQUISMO

“O Forte de San Cristóbal debería figurar dentro dos lugares protexidos pola UNESCO para a recuperación da Memoria, como o campo de exterminio de Auschwitz ou Robben Island, a cadea na que Mandela pasou 27 anos”, afirmou o historiador navarro, Koldo Pla Larramendi, principal estudioso da historia do penal franquista no que morreron máis de 700 presos políticos do franquismo, entre eles 96 galegos.  A intervención do historiador tivo lugar o pasado luns no acto inaugural da exposición “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal na memoria” que dende onte e ata o 2 de marza estará aberta no Pazo de Fonseca. O rector da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o presidente do Ateneo de Santiago, Salvador García Bodaño, representantes da dúas entidades patrocinadoras da exposición en Compostela, valoraron moi positivamente o esforzo de investigación que hai detrás da mostra, impulsada pola Sociedade Científica Aranzadi, a Asociación Txinparta e a Universidade de País Vasco.

Máis dun centenar de personas, incluidos varios familiares dos 608 galegos detidos no forte, asistiron ao acto inaugural, seguido dunha conferencia no propio Salón Noble de Fonseca, na que Koldo Pla relatou a historia do penal máis paradigmático do franquismo que utilizou unha fortaleza militar na que conviviron maís de 4.000 presos republicanos. Casi 800 deles protagonizaron en  maio de1938 a fuga máis importante da historia do franquismo, co resultado de 220 mortos,  abatidos no monte, entre eles 55 galegos.

O “cementerio das botellas”, no que repousan 131 presos mortos pola tuberculosis, soterrados cunha botella entre as pernas, é un dos aspectos máis chamativos da exposición e conta con una sobrecolledora instalación do levantamento dun cadáver. A mostra está integrada por 35 paneis informativos e unha pantalla de proxección na que, cada día, ás 6 da tarde proxectarase un documental de 1 hora de duración sobre a fuga.

Pódense visionar a conferencia de Koldop Pla e os documentais sobre o Forte de San Cristóbal na web do Ateneo

http://www.ateneodesantiago.org

Advertisements

“A Pirenaica marcou o contrapunto á información oficial da radio do franquismo”, segundo Armand Balsebre

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre no Ateneo de Santiago

Armand Balsebre, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona e un dos principais investigadores da radio en España, falou onte no Ateneo de Santiago sobre os “Noventa anos de Radio en España”, asegurando que un producto nacido para complacer os gustos das élites sociais, pronto se convertiu nun medio de gran impacto popular. A resistencia das clases acomodadas a pagar pola escoita e a incorporación da publicidade como mecanismo de financiación, son a xuicio deste investigador as claves dun fenómeno social, que eclosiona na República e que continúa durante o franquismo, como un arma de forte carga ideológica en mans do réximen, pero tamén con productos de calidade que levantaron o interés da audiencia. Balsabre fixo un repaso polas figuras dos pioneiros da radio en España, centrados na radio espectáculo e no desenrolo dos xéneros dramáticos, entre os anos 40 e 70, ata a radio das estrelas, un ciclo que remata con figuras como Luís del Olmo, Iñaki Gabilondo ou José María García, que xurden coa recuperación da información na radio.

As aportacións de Balsebre ao estudio da linguaxe radiofónica e, particularmente, da Historia da Radio en España, convérteno nun dos mellores coñecedores do medio radiofónico en España, con unha amplia bibliografía publicada por Cátedra que son referencia internacional para o estudio do medio.  Destaca particularmente o seu último libro sobre “Las cartas de la Pirenaica”, un estudio de 600 páxinas sobre as 15.500 cartas dos ouvintes de Radio España Internacional, atopados nos arquivos do PCE. O traballo, feito en colaboración coa súa muller, a historiadora e xornalista, Rosario Fontova, leva vendidos catro edicións nos últimos seis meses.

Para Balsebre, “Radio Pirenaica”, pese as interferencias xeneradas intencionadamente polo bloqueo franquista, chegou a ter unha audiencia equivalente a todo o sistema radiofónico oficial, xenerando un clima de participación da audiencia inusual. O investigador detívose en analizar o perfil campesiño e obreiro da audiencia, destacando o seu papel activo como fonte informativa dunha radio orgánica e moi polítizada que, pese a todo, tiña credibilidade na audiencia.

Pirenaica

Balsebre centrouse de forma especial no contido das 200 cartas enviados por ouvintes galegos a Radio Pirenaica entre as que figuran varias             misivas do último guerrilleiro galego, José Castro Veiga “O Piloto”, abatido en Chantada en 1965, incluida unha última carta que pode considerarse o seu testamento político. A ilustración da portada do libro e todo un símbolo sobre a importancia da radio: recolle a imaxe tomada por Virxilio Vieitez a Dorotea de Cará, unha galega abrazada ao seu aparato de radio, que contrata ao fotógrafo para que o seu fillo constate na emigraciónmn americanao bo uso dado aos cartos recibidos.

Na longa dictadura franquista, Radio España Independiente, máis coñecida como a Pirenaica, recibiu por escrito milleiros de testimuñas estremecedoras dos vencidos que, ordenadas, agrupadas e seleccionadas polos autores, representa a queixa brutal dios represalias do franquismo. A sea vez reforza o carácter da radio como medio de comunicación internacional capaz de superar as barreiras físicas impostas polas dictaduras e impactar na audiencia, sobre todo cando as súas mensaxes cobren o valeiro dunha radio oficial sin información, como a que marco a historia de España desde 1939 a 1977.

A intervención, apoiada en imaxes e sonidos inéditos ata o momento, sobre da radio da súa primeira época, consecuencia do recente descubremento en Barcelona dun fondo de grabacións en disco de pedra, estudiado e digitalizado polo conferenciante. O acto contou cun animado coloquio no que sairon a relucir circunstancias históricas da chegada da radio a Galcia e anécdotas representativas dunha época marcada polo sonido da radio. Un medio cargado de futuro pese a crisis de ideas e contidos, marcada polo momento histórico que vivimos.

 

O “Manuscrito Guerra”, fundamental para a música barroca, é un dos tesouros ocultos de Compostela


images“O Manuscrito Guerra é un dos tesouros ocultos máis valiosos da ciade de Santiago”, afirmou onte nos “Luns do Ateneo” o musicólogo Manuel Vilas. O documento atópase na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela e un dos máis importantes manuscritos musicales, funamental para coñecer a música laica barroca. Manuel Vila, arpista santiagués de brilante traxectoria internacional, impulsor do certamen “Vía Stellae” que xa leva nove edicións, foi presentado polo ateneista José Luís Fernández e por Pilar Sampedro.

O “Manuscrito Guerra” toma este nome por estar copiado por José Miguel de Guerra (1646–1722), copista de la Real Capilla de Carlos II dende 1677 hasta pouco despois de 1680. Este importante documento ofrecenos unha fonte fundamental e de capital importancia para o coñecemento da música vocal profana española da segunda metade do século XVII.

Segundo Manuel Vilas, esta colección de tonadas foi descuberta fai poucos anos por Álvaro Torrente e Pablo Rodríguez, musicólogos que publicarían en 1998 un magnífico artículo no “Journal of the Musical Association” donde fan un profundo estudio do seu contido. Está este manuscrito formado por 111 folios que conteñen 100 pezas anónimas, todas elas para voz solista e acompañamento continuo, excepto dúas pezas a dúas voces.

O copista omiteu o nome dos seus autores; sen embargo, algunhas destas pezas aparecen noutros manuscritos onde sí consta o nome do autor.

Polo tanto, cotexando estas outras fontes, podense atribuir algunhas destas pezas a Juan Hidalgo, José Marín, Juan de Navas, Cristóbal Galán, Juan Del Vado e Matías Ruiz, o que significa decir que este manuscrito é unha antoloxía das mellores obras compostas polos músicos máis renombrados de España na segunda metade do século XVII.

O manuscrito da USC carece de data e dedicatoria, o que dificulta a sua datación; sen embargo, no primeiro folio podemos leer: “Joseph Myguel de Gerrª . Escriptor de la R. Capillª de su majestad escrivio este libro“, o cal indica claramente que foi copiado nos anos nos que José Miguel de Guerra exerceu o seu oficio como copista musical para a Capela Real.

O texto inclue pezas da zarzuela “Los celos hacen estrellas”, estrenada o 22 de Diciembre de 1672, e un par de obras do por enton xoven arpista Juan de Navas, cuxa carreira empezóu a florecer despóis da morte en 1685 de Juan Hidalgo, tamén arpista e maestro da Capela Real dende 1645; esto fai supoñer que o manuscrito poido ser copiado en torno a 1680.

Resulta curioso que este manuscrito aparecera en Santiago de Compostela. Sabese que en 1692 José Miguel de Guerra viaxou durante tres meses por varias cidades del norte de España, incluida Santiago. Non sabemos nada sobre o motivo de estos viaxes e da sua estancia en Compostela, pero é probable que poido traer o manuscrito consigo. En todo caso, o manuscrito foi legado á Universidade de Santiago de Compostela en 1880 por un tal Miguel Marín Arén, do que case nada se sabe e que probablemente procedía do desarmonizado mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago.

“O noso manuscrito é pulcro, coidado, fermosamente copiado e con un papel de moi alta calidade, ademáis de utilizar pergamino nalgúns dos seus folios”, afirmou o conferenciante quen, ademáis, traballa na grabación de 6 CD coa interpretación documento.

EL-MANUSCRITO-GUERRA

images-1

Unha foto, un reloxo

A fotografía que encabeza este blog corresponde ao establecemento reloxeiro de Jacques Coleno e tomeina na cidade francesa de Vannes o 26 de xullo do 2010. Respondo así á pregunta dunha amiga lectora deste blog que se interesaba pola orixe desta imaxe. Na fotografía gusto do plano de detalle, interésame o deseño e sempre sentín paixón pola reloxería e polos mecanismos que conseguían o movemento perpetuo e eterno. Esta paixón naceu en min cando, a mediados dos sesenta, con once anos, o meu avó materno, Gumersindo Estevez, deixoume en herdo o seu vello reloxo de peto. Era un “Longines. Gran Prix 1900”, de prata, probablemente comprado na Habana e que marcou boa parte do tempo da súa vida, dende a emigración en Cuba a principios de século ata aquela taberna de éxito, “O Carburo”, situada na rúa do Hórreo 19, na que, dende os anos 30, poido vender sen intermediarios a abondosa colleita de viño do Ribeiro e instalarse definitivamente en Compostela. A compañía eléctrica local tardara semanas en instalar a luz e, na súa urxencia por vender o viño, o taberneiro colocou provisoriamente lámpadas de carburo que acabaron dándolle nome a un local que permaneceu aberto ata 1959.

DSC02610

Volvendo á foto de apertura deste blog, a súa elección está en correspondencia co título “Entretempos”, que non só fai referencia aos espazos mortos que me permiten ocasionalmente escribir estas liñas, senón ao paso implacable do tempo que marca as nosas vivencias. Pareceume magnífico cando, percorrendo o casco antigo de Vannes, din coa reloxería e pensei que se trataba dun establecemento histórico. Imaxinei a Jacques Coleno como un vello artesán do século XIX, en pelexa continúa cos tres parámetros que moven o mecanismo que marca o tempo: A forza motriz que crea movemento, o engrenaxe que multiplica a forza impulsora e o escape que regula o tic-tac do reloxo.
Pero non, estaba equivocado, google sacoume fai pouco do equívoco, Coleno ten menos de 60 anos –naceu en 1965- é un empresario moderno, que consigue exportar reloxos e artigos de luxo a medio mundo. Quedémonos pois coa imaxe roubada pola miña cámara do seu evocador anuncio publicitario.

O reloxio do avó

O reloxio do avó

A preocupación do ser humano por entender o Universo e a didáctica de Jorge Mira


images

“E máis que problable que na infinidade do Universo exista vida, pero será moi distinta a humana”, afirmou o profesor Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago, que impartiou onte no Ateneo de Santiago unha lección maxistral sobre a evolución das teorias cósmicas ao longo da historia. Dende a preocupación inicial da humanidade por entender a relación entre a terra o sol e a lúa, ata o descubrimento do Big Bang, que define o momento no que se iniciou a expansión observable do Universo.

Baixo a pregunta ¿Qué distancia nos separa do ceo?, que titulaba a conferencia celebrada onte nos “Luns do Ateneo”, o divulgador científico Jorge Mira viaxou ao longo das respostas históricas que, dende a cultura grega a actualidade, efectuaron as diferentes civilizacions, preocupadas por desentrañar as claves do Universo. Mira partiu dos traballos de observación levados a cabo por Eratóstenes no ano 240 A.C., que determinaron a redondez da terra e un diámetro de 40.000 kilómetros, moi próximo á realidade. O profesor da USC xogou amplamente co sentido do humor e a complicidade do público para, usando ollos, dedos, moedas, entender como coa observación e utilizando pequenas ferramentas, a civilización grega deu respostas a moitas preguntas que consideramos recentes. Destacou como Aristarco de Samos, no século II A.C. demostra que a terra é máis grande que a lúa. E que non só xira sobre si mesma senón tamén en torno ao sol. Establece a distancia entre a terra e a lúa, equivocándose só nun 5%, 400.000 kms fronte a 380.000. Anos despois, Hiparco de Nicea establece o diámetro da lúa.

Ata o Renacemento a humanidade apenas avanza no coñecemento do Universo. Kepler, Joavani Cassini e Halley, a partires do século XVII, desentrañan os misterios dos planetas, as galaxias e o sistema solar, permitindo un mellor coñecemento do mundo das estrelas. Ata principios do século XX, a humanidade só tiña constancia da existencia dun cento de estrelas. Nos últimos cen anos, as aportaciónns de Henrietta Leavit, de Edwin Hubble, entre outros, permiten chegar a comprender o “Big Band”, cuantificado na lei de Hubble, como o momento en que se inicia a expansión do Universo que explica a orixe e a evolución do mesmo.

O conferenciante, presentado polo tamén profesor Emilio Valadé, coordinador da Sección de Cencia e Tecnoloxía do Ateneo, foi seguido con grande interés por un numeroso público que agradeceu a didáctica, o bo humor e a linguaxe divulgativa do conferenciante, longamente aplaudido. Con conferenciantes así, o complexo convértese en fácil e o que semella aburrido en interesante e divertido.

thumb

Josep María Vallés no Ateneo: “A solución ao problema entre Cataluña e España vai para moi longo …”

Josep María Valles, catedrático de Ciencia Política da UAB

Josep María Valles, catedrático de Ciencia Política da UAB

“A solución ao problema entre Cataluña e España vai para moi longo prazo: Estamos ante un problema de desenrolo longo e truculento”, asegurou onte nos luns do Ateneo o politólogo Josep Maria Vallés, catedrático de Ciencia Política, exrector da Universidad Autónoma de Barcelon e exconseller de Xusticia da Generalitat de Cataluña. O conferenciante foi presentado polo coordinador da sección de Sociedade, Javier Caro, e polo tamén catedrático de Ciencia Política, Ramón Maiz quen o definiu como un investigador de alto prestixio académico que tivo a oportunidade de exercer a política no Goberno de Maragall dende un plantexamento profundamente humano.

Baixo o título “Cataluña e España: ¿queda percorrido común?, José María Valls plantexou detalladamente cada unha das alternativas posibles: sí, non, ou “depende”, opción pola que claramente se decantou. O conferenciante analizou o proceso de elaboración da Constitución do 78, o establecemento do Estado das autonomías e os pactos constitucionais para o desenrolo territorial. Afirmou que se descentraliza o aparato funcionarial do Estado a favor das autonomíaas, pero que o Estado conservou o alto número de directores e subdirectores xenerales, incluso para gabinetes que quedaran sen competencias. “Non se consigue fixar a idea dun Estado unitario e dunha nación única, pola falla dunha identidade nacional”.

Vallés centra o problema catalán no contexto do desgaste sufrido polo Estado das Autonomías nas últimas décadas e, particularmente en Cataluña, debido a circunstancias internas, pola creación de falsas expectativas, e externos, polo agotamento do modelo, a falla de coordinación entre autonomías, e a ineficacia do Senado. Dentro deste contexto sitúa o declive dos Estados na globalización e, especialmente, a nivel europeo, debido á cesión de competencias a organismos superiores que lles impide facer unha política monetaria e financieira, abrindo novas perpectivas ás comunidades máis próximas ao ciudadan.

O conferenciante afirmou que neste momento o problema para Cataluña reside na formación de dous bloques: Un a favor da reforma do Estado ou da independencia, e outro en contra ou incluso a favor de limitar a autonomía. Para Josep Maria Valles unha solución independentista sería tan mala para Cataluña como para España no terreno da Economía, pero cando se cruzan razóns políticas, as cousas cambian e os cidadáns poden mostrarse favorables a grandes sacrificios. Nesta coiuntura descartou calquer solución violenta, afirmando que en Europa non sería posible, postulando que hai que ir a solucións pactadas, que pasan por ir cara un Estado federal, saída difícil pola cultura imposta polo bipartidismo político que fai do problema unha baza electoral, e que ademáis ten que ser admitida por todos.

José María Valls calificou de nefasta a política imposta de non favorecer o coñecemento e a comprensión entre os distintos pobos do Estado, tanto a nivel educativo como mediático, “lamentando que poidamos ver Al Jazeera e sen embargo os cataláns non podian ver a televisión galega”. A nivel universitario destacou que o catalán está presente en 20 universidades de Alemaña e Holanda e en 22 de Estados Unidos, namentras so hai 10 departamentos de catalán na Universidade española fora de Cataluña. Este é un problema de cara a articular un Estado pluricultural. A conferencia foi seguida dun amplo e participativo debate.

Galicia, no mapa literario de Cortázar

Julio Cortázar “Galicia está no mapa literario de Cortazar polo seu amor a Aurora Bernárdez e pola intensa relación cos intelectuais galegos en Bos Aires”, afirmo este luns no Ateneo de Santiago o escritor Francísco X. Fernández Naval,  investigador da obra do creador de “Rayuela” e autor de “O soño galego de Julio Cortazar”. Fernández Naval, que foi presentado pola ateneista Pilar Sampedro, fixo unha semblanza do novelista argentino, nado en Bruxelas, criado en Bos Aires, residente en París, moi ligado a Barcelona e namorado da paisaxe xeográfica e humana de Galicia, pola influencia da súa primeira muller, Aurora Bernárdez, morta en París fai uns días.

En 2006, Aurora Bernárdez cedeu a Galicia a obra fotográfica de Julio Cortázar que se conserva no CGAI e na que existen diversas imaxes das súas dúas estancias en Galicia, a finais dos anos cuarenta e nos anos cincuenta. Fernández Naval destaco una súa intervención un hermosísimo texto que describe a súa viaxe en tren de Galicia a León e no que destaca a paisaxe de Galicia por enriba de outras xeografías peninsulares. Ademáis, Galicia está presente a través de persoaxes galegos en obras como “El Exámen”, “Los Premios”, “62”, ou mesmo  “Rayuela”, cuxo título chega a traducir a cinco linguas, incluido o galego.

Esa admiración de Cortazar por Galicia e os galegos ven do seu contactop coa colonia galega en Bos Aires e, especialmente, da intensa relación con Luís Seoane, Arturo Cuadrado,  e Lorenzo Varela, que en 1943 publicaron na revista “Correo Literario” a súa primeira obra.  Ademáis tivo contacto con Rafael Dieste, que lle cede a súa vivenda por dous anos, con Pérez Prado e con moitos outros galegos: “Nosotros –escribe Cortazar- no valoramos al gallego por una subconsciente razón de envidia. En las tierras donde nosotros continuamos siendo pobres, él se enriquece. Si nosotros, los argentinos tuviéramos que emigrar a Galicia a ganarnos la vida, moriríamos de hambre”.

Fernández Naval definiu a Julio Cortázar e a Aurora Bernérdez, como unha parella de traductores, escritores e intelectuais de primeira líña, afirmando que Aurora, filla de galegos oriundos de Dacón en Carballiño, era unha das principias traductoras das obras italianas e francesas publicadas en España entre os anos 60 e 90, de autores como Calvino ou Sartre. A conferencia de Fernández Naval foi seguida dun coloquio no que afloraron numerosos detalles da intensa relación humana entre Cortazar e os seus amigos galegos.

“O Soño Galego de Julio Cortázar” é o libro que acaba de publicar Francísco X. Fernández Naval e que vai ser presentado nos próximos días na Casa da Parra, acompañando unha mostra da obra fotográfica cedida a Galicia polo autor arxentino. En mais de trescentas páxinas, o autor ourensán indaga na presencia de Galicia e dos galegos na obra literaria de Cortázar, na súa correspondencia e na presencia do autor de “Rayuela” en Galicia. “Julio Cortazar -escribe Fernández Naval- mantuvo unja intensa relación cos galegos, en particular cos galegos exiliados, que escolleran Buenos Aires como lugar no que vivir. Esta escolla non era gratuita, debíase, entre outras razóns, a ser Buenos Aires a cidade do mundo onde máis galegos había, pero tamén a que, daquela, a capital arxentina era unha das referencias culturais do mundo; de feito, na década dos corenta do pasado século, Buenos Aires era a capital editorial da literatura en linguae castelá”.

200px-Cortázar