O fado galego de María do Ceo

DSCF9130

María do Ceo presentou este venres en Santiago o seu último traballo, un disco dobre con 28 cancións titulado ‘De Portugal a Galicia’. Fíxoo nun acto celebrado no hotel Araguaney, no que participou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o decano da facultade de Ciencias de Comunicación, Xosé Ramón Pousa, o director de Galiciapress, Antón Alonso e o presentador da TVG Xosé Manuel Piñeiro.

María do Ceo é de nacemento portuguesa, pero Galicia ten sido sempre a súa terra. Neste novo disco, o duodécimo da súa carreira, o carácter transnacional da súa música queda máis de manifesto que nunca. Con 14 cancións en portugués e outras 14 en galego, María do Ceo “une de novo dúas partes dunha nazón natural separada pola política”, como recordou o director de Galiciapress Antón Alonso na presentación.

Na mesma idea incidiu o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, que afirmou que neste disco María “une coa súa canción dous mundos tan próximos como lonxanos”, recordando que se houbera máis discos como este “a reactivación da industria cultural en Galicia tería moito mellor pronóstico”.

O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, pola súa banda, recoñeceu que levaba moitos anos sendo un “propagandista” da obra de María do Ceo, que rematou de encandilalo nun recital privado ao que asistiu no mes de Xaneiro. Gabou á cantante por ser quén de adaptar ao seu adorado Curros Enríquez e pola súa labor como representante da lingua galega no mundo, afirmando que “o que María do Ceo fai por levar fóra algúns dos nosos mellores poemas é algo que non se pode pagar con diñeiro”.

O presentador da TVG, Xosé Manuel Piñeiro, amigo de María do Ceo dende hai moitos anos, agradeceulle á cantante a posibilidade de colaborar neste disco, no que canta con ela ‘Quen puidera namorala’, asegurando que era un luxo acompañar a “unha das mellores voces deste país”.

Pouco lle quedou por decir a María do Ceo despois de tantas verbas amables sobre a súa música. A cantante limitouse a a agradecer o traballo de todos os artistas e colaboradores que fixeron posible este novo disco, antes de pasar a expresarse da mellor forma posible: a través da súa música.

Ata aquí a información de Galiciapress.es

DSCF9118
Estas foros as niñas palabras:

O Fado galego de María do Ceo

“Estou aquí como amigo de María do Ceo, pero tamén estaría xustificado facelo como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, tal como me acaban de presentar. Por que a música enlatada ou non forma parte da industria cultural e, como tal da Comunicación con maiúsculas. Moito máis niste caso en que hai procesos de produción novedosos, realizados íntegramente en Galicia, para un disco que aúna a cantiga galega e o fado portugués.

O fado é moi próximo aos galegos. Eu son admirador de Amalia Rodrígues. E, dende o propio fado, ela define este estilo de xeito magistral na letra dunha das súas pezas máis coñecidas:

“Amor, celos, cinza e lume, dolor e pecado.

Tudo isto existe, tudo isto é triste, tudo isto é fado”

Máis profundo aínda, Fernando Pessoa, matiza que “o fado non é alegre nin triste. Formou a alma portuguesa cando non existía e desecaba tudo sen forzas para desexalo”. E engade: “O fado é a fatiga da ailma forte, o mirar do desprezo de Portugal ao Deus en que creu e tamén o abandonou”.

Existen diferenzas de matiz entre o fado de Coimbra e o fado do norte portugués, corrente á que sen dúbida pertenece María e á que incorpora Galicia co seu enraizamento e co seu canto. María do Ceo une coa súa canción dous mundos tan próximos como lonxanos: Galicia e Portugal, facendo do do fado lusitano e da cantiga galega dúas caras da mesma moeda: Fado galego e minhoto desde Fisterra ate Porto, fado minhoto e galego.

Melancolía, dozura, paixón, ternura, forman parte dun canto que se fixo plenamente galego, como demostran eses doce discos que leva parito esta artista transfronteiriza que hoxe nos convoca aquí.

Con interpretes como María do Ceo –fan falla moitos maís- a reactivación da industria cultural en Galicia tería mellor pronóstico. Este novo disco así o indica. Seguro que o son de María do Ceno vainos acompañar, entusiasmar e emocionar nos próximos tempos.”

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s