COMPOSTELA PRECISA RECUPERAR , PROTEXER E ABRIR AO PÚBLICO OS PEQUENOS XARDÍNS MONUMENTAIS, SEGUN RICARDO VARELA

images
“Existen pequenos xardíns en Compostela que deberían ser Bens de Intres Cultural para garantir a súa conservación e visibilidade”, afirmou onte nos “Luns do Ateneo” o arquitecto Ricardo Varela, estudoso da arquitectura da paisaxe, nunha interesante percorrido histórico polos pequenos xardíns da cidade. Ricardo Varela lamentou a perda para a cidade, na década dos cincuenta, por unha operación especulativa, do xardín do Pazo de Bendaña, sobre a Rúa Nova e a calexa de Entrerúas, rodeado por un peche barroco que nada ten que ver coa cafetería e co supermecado que actualmente ocupan o vello recinto, do que mostrou os planos orixinais. Na mesma Rúa Nova existe, pechado ao público, incluso visualmente, o xardín do Pazo de Santa Cruz, coñecido como do Servicio Doméstico, que merecía unha mellor conservación e visibilidade para o público.
O conferenciante, falou con detalle dunha ducia de pequenos xardíns urbanos ou situados na contorna de Compostela, estudando a súa arquitectura, as fontes e a vexetación e valorando o carácter extraordinario dalgúns deles, como os xardíns dos pazo de San Lorenzo, do Pazo de Ortigueira, en Vedra, ou do Pazo de Amarante, na Almáciga, antiga sede do Pazo de Xustiza.
Como exemplo de xardín-fortaleza, con orixe no século XVI, Varela mostrou os planos e as características arquitectónicas do xardín do Pazo Arzobispal, entre as rúas de San Francísco e a Praza da Azabachería, do que a cidadanía solo percibe o impresionante muro de peche do recinto arzobispal. Como elemento curioso, Ricardo Varela mostrou imaxes descoñecidas da chamada “Torre da Vela”, sobre o claustro da catedral, concibida na súa base como un pequeno xardín sobre a Praza do Obradoiro e a rúa do Franco.
Na súa intervención, o conferenciante mencionou a “lamentable” intervención efectuada na Finca do Espiño, asegurando que aínda que a construción que preside o recinto é do século XIX, o xardín é plenamente barroco e quedou destrozado por una intervención pouco respetuosa coa súa historia e sen volta atrás. No amplo coloquio establecido co público, a Alameda compostelana, que non era o tema da conferencia, saíu reiteradamente. Varela Fernández foi moi crítico co estado no que se atopa, incluido actuacións nefastas que están degradando o parque, como son o peche con madeira e aceiro do estanque dos patos, maís propia dunha granxa que dun parque, ou a pouca respetuoso actuación da nova catefería que implicará a morte lenta de árbores centenarias.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s