Siro López: “O humor defínemos como pobo”

images
“O humor nace co Quixote de Cervantes”, afirmou onte nos “Luns do Ateneo” o caricaturista e escritor Siro López, un dos máis prolíficos debuxantes do xornalismo galego, quen coincide plenamente co criterio establecido por Celestino Fernández de la Vega no seu ensaio “O segredo do humor”, publicado fai cincuenta anos e que pasa por ser unha das grandes achegas do pensador lugués. Fernández de la Vega establece tres formas diferenciadas de humor: Comicidade, sátira e humorismo. Na primeira modalidade o autor provoca a risa do receptor, na satira fai rir a conta de alguén a quen vitimiza e, no humorismo o autor, solidarizase coa vítima.
Siro López sitúa o humor galego entre a satira de Vicente Risco e humorismo humanista de Castelao, asegurando que Galicia foi e segue a ser a gran canteira do humorismo español, tanto a nivel literario como no humorismo gráfico. Siro, ademáis dos casos de Castelao e Risco, fixo referencia a Cunqueiro e Silvio Santiago, citando tamén as grandes achegas literarias de Wenceslao Fernández Florez, Julio Camba ou Valle Inclán. Con respecto ao humor gráfico, o conferenciante situou o seu nacemento na obra de Cao Luaces, un mozo lugués que despoís de traballar na fábrica de Sargadelos emigra a Bos Aires e convertese no máis destacado caricaturista arxentino do século XIX. A su influencia a través da prensa chega a un neno emigrado na Pampa, Alfonso R. Castelao, que co tempo sería o gran debuxante galego.1986
Siro López citou a máis dunha ducia de debuxantes, caricaturistas e ilustradores galegos de nova xeración que aseguran o bo nivel do humorismo galego, pero por encima de todo, referiuse, con moitos exemplos que levantaron a gargallada do numeroso público asistente, ao código humorístico da sociedade galega, especialmente á retranca, que nos define como pobo, e que non sempre se decodifica axeitadamente, provocando certa incomprensión exterior.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s